top of page

Románticas e Románticos Galegos

O programa mostra un percorrido por algunha das pezas máis significativas do romanticismo galego para voz e piano, conferíndolle un especial protagonismo a catro personalidades destacadas da época: Eugenia de Osterberger (compositora), Marcial del Adalid e Juan Montes (compositores) e Rosalía de Castro (escritora).

Cantares e cantigas, baladas e poemas, mistúranse nunha evocación constante ao pobo, as costumes, ao sentimento e as tradicións, que serven a súa vez como fonte de inspiración dun repertorio romántico galego que, cos seus elementos diferenciais, constitúe un corpus musical e poético de importancia crecente dentro do panorama cultural do noso país.

As figuras xa consolidadas, Adalíd o Montes, engádese para a ocasión a de Eugenia Osterberger (tamén coñecida como E. Saunier tras o seu matrimonio). Unha figura recentemente recuperada do esquecemento nun amplo estudo realizado polas investigadoras Rosario Martínez y Beatriz López-Suevos, e da que nos consta un escaso repertorio publicado (moito menor que o composto) tanto para piano como para voz e piano, e do que damos cumprida mostra neste programa, centrándonos neste caso nas composicións en lingua galega, se ben musicou tamén textos en italiano ou francés.

 

PROGRAMA

 

Juan Montes, sobre textos de Rosalía de Castro.

-Doce Sono

-Negra Sombra

-Muiñeira (piano solo)

-Unha Noite na eira do trigo (piano solo)

E. R. Losada, sobre textos de Rosalía de Castro.

-Padrón

Eugenia de Osterberger

-Falas de nai

-Ausencia

-Cantigas e melodías galegas

Adios miña Manueliña, cantiga amorosa

Almendriñas nas orellas, cantiga burlesca

Casadiña de tres días, cantiga de casamiento

Mariquiña non te fíes, cantiga de consejo

Agora que ven a leva, melodía triste

Non ch’as quero, non ch’as quero, melodía de desaire

Adiós, adiós, queridiña, melodía de despedida;

Arriba, pandeiro roto, melodía de menosprecio.

 

------------------------DESCANSO-----------------------------

Pascual Veiga

-Alborada Galega (piano solo)

 

Marcial del Adalid

-Lamento (piano solo)

-Cantares viejos y nuevos de Galicia (selección de las Series I, II y IV)

Soedades (Serie I nº 1)

Canto de berce (Serie I nº 5)

Non te quero por bonita (Serie II nº 6)

A xolda (Serie IV nº1)

Pesoulle! (Serie IV nº 4)

A sorte (Serie IV nº 6)

------------------------FIN-----------------------------

 

Bis: Lela de Rosendo Mato Hermida, arreglo de Juan Durán.

bottom of page